mércores, 30 de novembro de 2016

Unha viaxe polo espazo

A través do Servizo de Educación do concello de Pontevedra, en colaboración coa Universidade de Vigo, achegouse ata o noso centro, un dos enxeñeiros que proxectan pequenos satélites para enviar ao espazo.
A súa charla "Unha viaxe polo espazo" resultou moi completa e foi quen de repostar as innumerables interrogantes do noso alumnado. Moitas Grazas!

                              

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

Cliquear na imaxe


 En negro contra a violencia

O NOSO PATIO!!


Clica na imaxe

luns, 7 de novembro de 2016

O MISTERIO DO PLÁTANO XEMELGO

Imos adicar algunhas sesións a resolver un misterio. aproveitando a unidade didáctica adicada aos alimentos.



E o noso punto de partida non van ser a selva tropical nin as Illas Canarias, os plátanos levan anos na nosa Praza de  Barcelos
Fonte Imaxes "Pontevedra olvidada"
E aqui temos os nosos lapbooks co misterio do plátano xemelgo xa resolto.


sábado, 29 de outubro de 2016

martes, 18 de outubro de 2016

Razas caninas

Coa desculpa da visita da Patrulla Canina a Pontevedra, aproveitamos esta ligazón con bits de razas de cans da páxina www.tumeaprendes.com

xoves, 22 de setembro de 2016

VENDIMA 2016


VENDIMA2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Cantiga da Vendima     
Música: Tradicional
Letra: Tradicional
Pandeirada
Vendimai vendimadores
da vendima do meu pai'e
o viño vai na cabaza
e o pan na cestiña vai'e.
Ai la, ailalalá lalá la,
Ai la, ailalalá lalá,
Ai la, ailalalá lalá,
Ai lalalá, ai lalá la la.
Anduvécheste alabando
que me morría por tí,
que me morro non é certo
pero que te quero sí.
Ai la, ailalalá lalá la...
Cortade uvas rapaciños
pra acabar pronto a tarea
que despois temos ruada
e queremos ir a ela.
Ai la, ailalalá lalá la...
 O estremeño Manuel García Matos publicou en 1960 unha recollida de campo na que figura este tema. Pertence a unha serie de melodías que coa súa interpretación facían máis levadeiros os traballos agrícolas.