A través do Servizo de Educación do concello de Pontevedra, en colaboración coa Universidade de Vigo, achegouse ata o noso centro, un dos enxeñeiros que proxectan pequenos satélites para enviar ao espazo.
A súa charla "Unha viaxe polo espazo" resultou moi completa e foi quen de repostar as innumerables interrogantes do noso alumnado. Moitas Grazas!
Imos adicar algunhas sesións a resolver un misterio. aproveitando a unidade didáctica adicada aos alimentos.
E o noso punto de partida non van ser a selva tropical nin as Illas Canarias, os plátanos levan anos na nosa Praza de Barcelos
Fonte Imaxes "Pontevedra olvidada"
E aqui temos os nosos lapbooks co misterio do plátano xemelgo xa resolto.
Cantiga da Vendima Música: Tradicional Letra: Tradicional Pandeirada
Vendimai vendimadores da vendima do meu pai'e o viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai'e.
Ai la, ailalalá lalá la, Ai la, ailalalá lalá, Ai la, ailalalá lalá, Ai lalalá, ai lalá la la.
Anduvécheste alabando que me morría por tí, que me morro non é certo pero que te quero sí.
Ai la, ailalalá lalá la...
Cortade uvas rapaciños pra acabar pronto a tarea que despois temos ruada e queremos ir a ela.
Ai la, ailalalá lalá la...
O estremeñoManuel García Matospublicou en 1960 unha recollida de campo na que figura este tema. Pertence a unha serie de melodías que coa súa interpretación facían máis levadeiros os traballos agrícolas.